Páginas

31 marzo 2015

Actividades creativas.

Nesta entrada dende o blog de Educación Especial queremos mostrar con imaxes algunhas actividades que levan a cabo as aulas laranxa e verde no seu taller de actividades creativas. Saúdos para tod@s.



  
                                   
                                            Traballando os froitos de outono.




O castañeiro do magosto


O Samaín e as cabazas



Comida divertida




Preparando a mesa da celebración.





24 marzo 2015

Saída Pontevedra

Onte alunm@s das aulas verde e azul, foron a Pontevedra para mercar materiais que precisaban para proseguir as tarefas dos talleres. Unha xornada de loxística, con un pequeno descanso polo medio, como se pode apreciar nas imaxes. Saúdos


                                                   
                                         
 

21 marzo 2015

Día Mundial Síndrome de Down


Dende o blog de Ed. Especial do Colexio Sagrado Corazón de Placeres queremos recordar que hoxe é o día internacional das persoas co Síndrome de Down que este ano ten o seguinte lema:


                                               "A VIDA NON VAI DE CROMOSOMAS"

       
   

13 marzo 2015

Encontro con Sirio, Moka e Hidalgo

A xornada desta mañá para os alumn@s das cinco aulas de educación especial transcorreu na hípica  Apalaoosa.  Como  en anteriores ocasións disfrutamos  dunha  divertida e emocionante experiencia na compaña de Cholo, Fran  e Diego e dos  protagonistas do  día, os cabalos Moka, Sirio e Hidalgo. 

Aquí  deixamos una pequena mostra fotográfica, saúdos.

03 marzo 2015

Repoboando Monte Pituco

O pasado venres 27  as aulas Verde e Azul participamos nun proxecto de repoboación do Monte Pituco cos compañeiros de 1°ESO e alumnos da Escola de Forestais. Esta actividade, organizada por alumnos de Forestias e a Comunidade de Montes de Lourizán, está dentro da programación de Voz Natura. 

Sorveiras, bidueiros, carballos, salgueiros, cerdeiras, freixos, ameneiros, faias e cerquiños foron algunhas das árbores que forman parte da nova senda. Cada unha leva un pequeno cartel no que figura o seu nome científico, o nome en galego e o do alumn@ que a plantou e que previamente gravamos no laboratorio co pirogravador e as indicacións de Fernando.

Lucas e Iván foron os encargados das explicacións  e de guiarnos durante a ruta.

Velaquí  unha mostra fotográfica do día. Saúdos