Páginas

28 enero 2015

A HORTA E AS ENSINANZAS DE PABLO

Hoxe na horta...; "lecion maxistral"
Pablo Carro, un experto agricultor e amante da natureza,  foi o encargado de explicarnos as técnicas de cultivo, condicións e as necesidades dalgúns produtos da nosa zoa. Mestras,alumn@s de 6° de primaria e de Educación Especial fomos durante esta mañá un alumnado motivado e disposto a por na práctica todos os seus consellos. Acelgas, leitugas, patacas e porros foron algúns dos produtos cos que traballamos ademáis de aprender o vocabulario propio das tarefas da horta.

Foi un verdadeiro pracer disfrutar desta xornada.

Moitísimas gracias Pablo!!!

       
                                                 

DIA DE COMPRAS

Hoxe @s alumln@s das aulas VERDE  e AZUL de educación especial saímos ao centro comercial carrefour para realizar a compra de enxoval, produtos de limpeza e pequeno electrodoméstico co que imos a equipara nosa Aula de transición a vida adulta (TVA), na que traballaremos e poremos en práctica habilidades relacionadas co autocoidado, autonomía persoal e social. Velaquí unha mostra fotográfica, saúdos.

                                                 
                                                 
             





26 enero 2015

Concurso Santa CECILIA ATENEO MARÍN


Nesta última convocatoria do certame, correspondente o ano 2014, foron tres os alumn@s  de educación especial que resultaron gañadores na categoría F do concurso " debuxo de nada" organizado polo Ateneo Santa Cecilia (Marín). Na gala celebrada, o xoves pasado as 7 da tarde, nas instalacións do propio ateneo os gañadores nas distintas categorías, acompañados de familia e amigos,  recolleron os merecidos premios. Aquí tendes algunhas da fotos dese día e por suposto a nosa noraboa a tod@s.








A LIMPEZA





COMEZAMOS COA LIMPEZA

 Coa chegada do bo tempo poñémosnos mans a obra e, trala fresa, comezamos coa limpeza das malas herbas do terreo e baixo as árbores coa colaboración dos compañeir@s de 5º EP.

CARTALERÍA PARA A HORTA



Durante as semanas do primeiro trimestre e aproveitando os días de chuvia  deseñamos e confeccionamos unhas fichas con datos básicos sobre os productos que imos plantar na nosa horta a partires do mes de xaneiro.
En primeiro lugar, buscamos a información e elaboramos os carteis e xa no taller de tecnoloxía montamos todas as pezas coa axuda de ferramentas como a serra en bispel, pistola de silicona, serra, desparafusador e trade.
Para esta tarefa contamos coa colaboración dos alumnos e alumnos de 6º EP e de Fernando, profesor de ciencias de secundaria. A todos eles, moitas gracias.




24 enero 2015

TENDA DE NADAL






Un ano máis, no mes de decembro e trala nosa felicitación e as dos compañeir@s de infantil, primaria, secundaria, abrimos a nosa Tenda  na que vos presentamos para a venda diferentes artigos confeccionados nos obradoiros de manipulativa e encadernación.
Dende aquí queremos facervos partícipes do noso éxito gracias a vosa colaboración, permitíndonos así continuar coa aprendizaxe de novas técnicas e traballar para facer posible a asistencia ao campamento de fin de curso.


Moitas gracias por colaborar con nós!!!