Páginas

16 diciembre 2015

Tenda Ed. Especial 2015/16



Achéganse as vacacións de nadal. Coma sempre, na semana previa, no Sagrado Corazón abre a tenda de Ed. Especial onde podedes mercar os produtos elaborados nos diversos talleres 
( encadernación e manualidades) polos nosos alumn@s. Animádevos a vir, ver e mercar.

Saudos para tod@s e Bo nadal.
                                                 
                                     
                                               




      

02 diciembre 2015

Día Discapacidade

Hoxe 3 de decembro é o día internacional das persoas con discapacidade.  Aquí vos deixamos a tod@s esta mensaxe e imaxes para sumarmos a difusión e concienciación deste día.

Os sub-temas para Día Internacional no 2015 son:

   - Facer as cidades inclusivas e accesibles para tod@s.
   - Mellorar os datos e estadísticas sobre discapacidade.
   - Incluir a persoas con discapacidade invisible na sociedade e no desenrrolo.    

Máis información dos diferentes eventos en  Enable .



                                    





«Este año celebramos el Día Internacional de las Personas con Discapacidad tras haber aprobado la ambiciosa Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible. Este plan global de acción nos insta a «no dejar a nadie atrás».»

Mensaje del Secretario General de las Naciones Unidas,
Día Internacional de las Personas con Discapacidad 2015

25 noviembre 2015

25 Novembro

Dende o noso e o voso blog, queremos sumarmos ao apoio e difusión deste 25 de Novembro.

Un saúdo a tod@as

01 octubre 2015

Curso 2015/16

Ola a tod@s.

Este ano na primeira entrada no blog de Educación Especial do colexio de Placeres queremos apoiar e difundir a nova proposta de FEAPS en favor das persoas con discapacidade intelectual.



Moitos edificios e lugares serán iluminados de verde coma mostra de apoio. Súmadevos a iniciativa e apoiade. Aquí os deixamos o enlace a pácina web de FEAPS para completar a info.

http://www.feaps.org/component/content/article/254-noticias-2015/2417-plena-inclusion-redes-sociales.html 

Saúdos.

16 junio 2015

REMATE DE TEMPADA HORTA

REMATE DE TEMPADA

Xa nos últimos días do curso é momento para recoller e deixar todo preparado para a vindeira colleita.

Antes  de despedirnos queremos agradecer ós alumn@s  de 5° e 6° de EP o seu  traballo e os bos momentos que compartimos xuntos. Non faltou ilusión, disposición, sorrisos,  esforzo e moitas ganas de axudar.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica das tarefas realizadas e dalgúns dos alimentos recollidos.

Ata o vindeiro curso!!!!


 




                                                                          
 

12 junio 2015

CAMPAMENTO "OS FIEITÁS" 2015

Ola a tod@s xa non queda nada para o remate do curso e nesta entrada do noso blog queremos mostrarvos algunhas das actividades que levamos a cabo na excursión que celebramos cada ano cara o final do curso no camping "os fieitás".  
Pásamolo en grande disfrutando de tódalas actividades e xogos ademáis sempre na boa compaña dos nosos monitores preferidos. Ai vai unha mostra en imaxes de toda esa ledicia coa que vivimos ese dous días.

02 abril 2015

2 Abril Día Autismo

Ola a tod@s, hoxe é o día mundial de concienciación sobre o autismo e dende este blog queremos deixar constancia e contribuir a súa difusión entre todos vos. Velaquí unha serie de imaxes e xeitos de mostrar o teu apoio e o seu significado. Saúdos para tod@s. 





A cor azul, esta cor representa a maior incidencia de casos no sexo masculino. 

Puzzle, os puzzles teñen a intencionalidade de reflexar a complexidade do autismo.

O lazo, usado para o apoio de múltiples causas según a sua cor, neste caso ven a mostrar a diversidade de persoas e familia que conviven co trastorno. O uso de cores fortes representa a esperanza en relación ós tratamentos e a concienciación da sociedade en xeral.



Aquí podedes ver fotos de emblemáticos lugares do mundo iluminados de cor azul o 2 abril do 2014.
                                                         
                                                 








        

31 marzo 2015

Actividades creativas.

Nesta entrada dende o blog de Educación Especial queremos mostrar con imaxes algunhas actividades que levan a cabo as aulas laranxa e verde no seu taller de actividades creativas. Saúdos para tod@s.



  
                                   
                                            Traballando os froitos de outono.




O castañeiro do magosto


O Samaín e as cabazas



Comida divertida




Preparando a mesa da celebración.





24 marzo 2015

Saída Pontevedra

Onte alunm@s das aulas verde e azul, foron a Pontevedra para mercar materiais que precisaban para proseguir as tarefas dos talleres. Unha xornada de loxística, con un pequeno descanso polo medio, como se pode apreciar nas imaxes. Saúdos


                                                   
                                         
 

21 marzo 2015

Día Mundial Síndrome de Down


Dende o blog de Ed. Especial do Colexio Sagrado Corazón de Placeres queremos recordar que hoxe é o día internacional das persoas co Síndrome de Down que este ano ten o seguinte lema:


                                               "A VIDA NON VAI DE CROMOSOMAS"

       
   

13 marzo 2015

Encontro con Sirio, Moka e Hidalgo

A xornada desta mañá para os alumn@s das cinco aulas de educación especial transcorreu na hípica  Apalaoosa.  Como  en anteriores ocasións disfrutamos  dunha  divertida e emocionante experiencia na compaña de Cholo, Fran  e Diego e dos  protagonistas do  día, os cabalos Moka, Sirio e Hidalgo. 

Aquí  deixamos una pequena mostra fotográfica, saúdos.

03 marzo 2015

Repoboando Monte Pituco

O pasado venres 27  as aulas Verde e Azul participamos nun proxecto de repoboación do Monte Pituco cos compañeiros de 1°ESO e alumnos da Escola de Forestais. Esta actividade, organizada por alumnos de Forestias e a Comunidade de Montes de Lourizán, está dentro da programación de Voz Natura. 

Sorveiras, bidueiros, carballos, salgueiros, cerdeiras, freixos, ameneiros, faias e cerquiños foron algunhas das árbores que forman parte da nova senda. Cada unha leva un pequeno cartel no que figura o seu nome científico, o nome en galego e o do alumn@ que a plantou e que previamente gravamos no laboratorio co pirogravador e as indicacións de Fernando.

Lucas e Iván foron os encargados das explicacións  e de guiarnos durante a ruta.

Velaquí  unha mostra fotográfica do día. Saúdos



28 enero 2015

A HORTA E AS ENSINANZAS DE PABLO

Hoxe na horta...; "lecion maxistral"
Pablo Carro, un experto agricultor e amante da natureza,  foi o encargado de explicarnos as técnicas de cultivo, condicións e as necesidades dalgúns produtos da nosa zoa. Mestras,alumn@s de 6° de primaria e de Educación Especial fomos durante esta mañá un alumnado motivado e disposto a por na práctica todos os seus consellos. Acelgas, leitugas, patacas e porros foron algúns dos produtos cos que traballamos ademáis de aprender o vocabulario propio das tarefas da horta.

Foi un verdadeiro pracer disfrutar desta xornada.

Moitísimas gracias Pablo!!!

       
                                                 

DIA DE COMPRAS

Hoxe @s alumln@s das aulas VERDE  e AZUL de educación especial saímos ao centro comercial carrefour para realizar a compra de enxoval, produtos de limpeza e pequeno electrodoméstico co que imos a equipara nosa Aula de transición a vida adulta (TVA), na que traballaremos e poremos en práctica habilidades relacionadas co autocoidado, autonomía persoal e social. Velaquí unha mostra fotográfica, saúdos.

                                                 
                                                 
             





26 enero 2015

Concurso Santa CECILIA ATENEO MARÍN


Nesta última convocatoria do certame, correspondente o ano 2014, foron tres os alumn@s  de educación especial que resultaron gañadores na categoría F do concurso " debuxo de nada" organizado polo Ateneo Santa Cecilia (Marín). Na gala celebrada, o xoves pasado as 7 da tarde, nas instalacións do propio ateneo os gañadores nas distintas categorías, acompañados de familia e amigos,  recolleron os merecidos premios. Aquí tendes algunhas da fotos dese día e por suposto a nosa noraboa a tod@s.








A LIMPEZA





COMEZAMOS COA LIMPEZA

 Coa chegada do bo tempo poñémosnos mans a obra e, trala fresa, comezamos coa limpeza das malas herbas do terreo e baixo as árbores coa colaboración dos compañeir@s de 5º EP.

video

CARTALERÍA PARA A HORTA



Durante as semanas do primeiro trimestre e aproveitando os días de chuvia  deseñamos e confeccionamos unhas fichas con datos básicos sobre os productos que imos plantar na nosa horta a partires do mes de xaneiro.
En primeiro lugar, buscamos a información e elaboramos os carteis e xa no taller de tecnoloxía montamos todas as pezas coa axuda de ferramentas como a serra en bispel, pistola de silicona, serra, desparafusador e trade.
Para esta tarefa contamos coa colaboración dos alumnos e alumnos de 6º EP e de Fernando, profesor de ciencias de secundaria. A todos eles, moitas gracias.


video


24 enero 2015

TENDA DE NADAL






Un ano máis, no mes de decembro e trala nosa felicitación e as dos compañeir@s de infantil, primaria, secundaria, abrimos a nosa Tenda  na que vos presentamos para a venda diferentes artigos confeccionados nos obradoiros de manipulativa e encadernación.
Dende aquí queremos facervos partícipes do noso éxito gracias a vosa colaboración, permitíndonos así continuar coa aprendizaxe de novas técnicas e traballar para facer posible a asistencia ao campamento de fin de curso.


Moitas gracias por colaborar con nós!!!


video